Comarcas

Pechadas ao público as Ruínas de Santo Domingo, en Pontevedra

As ruínas de Santo Domingo, no centro Pontevedra, están pechadas ao público dende este sábado, de xeito temporal, ata que os técnicos do Museo de Pontevedra, o arquitecto e o aparellador provincial determinen a causa do desprendemento dun capitel e verifiquen que non existe ningún problema de seguridade para o público que visita este espazo.

O presidente da Deputación de Pontevedra explicou que se trata dun monumento moi visitado pola súa localización no medio da capital e confía que o peche non  sexa moi longo. Rafael Louzán xustificou esta medida ante as actividades culturais que se organizan no interior do recinto e pola necesidade de comprobar que “reúne todas as condicións de seguridade”.

Ata que os técnicos non elaboren un informe e determinen se procede algún tipo de intervención, o titular do organismo provincial eludiu valorar se no ámbito da Praza de España e a Avenida de Montero Ríos ou a rúa adxacente a estes restos arquitectónicos se desenvolve algunha actividade prexudicial para a súa conservación. “É un edificio ao que lle falta a cúpula e as súas paredes non están tan suxeitas”, sinalou Louzán.

 

También te puede interesar