Vigo al día

[email protected] de Povisa péchanse na sede do Sergas en Vigo

Preto de 30 [email protected] de Povisa están pechados dende hai unha hora nas oficinas do Servizo Galego de Saúde en García Barbón, como medida de protesta pola situación que está vivindo a plantilla do centro. A medida forma parte das mobilizacións anunciadas polos empregados deste hospital que, hai uns días, pecháronse na sede da delegación da Xunta en Vigo e que teñen convocada unha folga xeral no centro médico dende o vindeiro día 19.

A folga ven motivada pola decisión de Povisa de empezar a aplicar aos traballadores o convenio provincial do sector – logo de non chegar a ningún acordo na negociación do convenio colectivo – o cal, segundo os cálculos do Comité de Personal, supón unha “perda de poder salarial gravísima”. Nese sentido, sinalan que un médico ou farmacéutico perde uns 478 € de salario ao mes e un celador, auxiliar de enfermaría ou administrativo unha media de 500 € mensuais.

 

También te puede interesar