Vigo al minuto

@s traballador@s de Povisa poñen fin ao peche na delegación do Sergas en Vigo

@s traballador@s e o Comité de Empresa de Povisa puxeron fin ao peche que matiñan desde as 11 da mañá na delegación do Sergas en Vigo. A pesar de que reivindicaban ser recibidas por algún cargo do departamento ou da Consellaría de Sanidade, finalmente foi o xefe de inspección José Antonio Fernández e maila directora asistencial María del Mar Vélez quen se entrevistaron coas traballadoras, momento no cal decidiron suspender o encerro.

Porén, segundo María Xesús Neira, portavoz do comité de empresa, “unicamente se comprometeron a transmitir as reivindicacións”, e o cadro de persoal continúa “á espera dun encontro oficial com representantes da Xunta” que aínda non se produciu. Engadiu, ademais, que o conflicto en Povisa non se pode reducir a unha problemática laboral dunha “empresa privada”, tal e como sostén a administración, se non que o hospital forma parte da rede sanitaria pública “e por tanto o Sergas terá que esixir explicacións de en que están a empregar o diñeiro de todas”. Recordou, tamén, que os recortes no hospital privado están a afectar á calidade asistencial de cara aos usuarios, que por tanto “esta situación ten que rematar”.

O cadro de persoal de Povisa verá reducido entre un 40 e un 52% os seus salarios unha vez deixou de ter vixencia o convenio próprio e pasou a se aplicar o provincial, froito da nova reforma laboral e da negativa da empresa. Se non existe acordo, cousa que polo momento parece improbábel, as traballadoras iniciarán unha folga indefinida a partir do 19 de agosto.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.