Comarcas

A Festa do Polo á Brasa de Areas, en Ponteareas, servirá máis de 5.000 racións

A Festa do Polo á Brasa de Areas, en Ponteareas, que se celebra o vindeiro día 18, servirá máis de 5.000 racións deste plato, segundo anticiparon este xoves, na presentación da mesma, o seu alcalde, Salvador González Solla, e a deputada Marta Iglesias.

Ambos salientaron o gran crecemento que rexistrou esta celebración desde as súas orixes, en 2001, cando era unha especie de comida familiar cuns 200 asistentes, ata o que é hoxe en día, cunha afluencia masiva de público que oscila entre os 4.000 e os 5.000 comensais.

Estos milleiros de racións, serán elaboradas nunha grella de 24 metros de lonxitude instalada no parque da Bouza Vella e poderán servirse grazas á participación e colaboración desinteresada dun cento de voluntarios que axudan na organización das diferentes actividades que inclúe a coñecida como Festa do pito.

Así, ademais do xantar que serve de acto central, a Festa do Poolo á Brasa inclúe tamén o XII Festival Folclórico, coa participación dos grupos Rancho Folclórico San Pedro de Roriz, Grupo Folclórico da Casa Cultural de Areas e as Pandereteiras Tolerías, tamén da Casa Cultural de Areas.

A II Mostra de artesáns completará un programa de actos que dará comezo co pregón de isabel Castro Cal, campiona de España de elite de Ciclocross.

 

 

También te puede interesar