Recollen sinaturas en change.org para que a colección de arte de Novagalicia Banco quede en Galicia

Carlos Henríque Fernández, un veciño de Rianxo, ven de abrir unha recollida de sinaturas en change.org para que a colección de arte de Novagalicia Banco quede en Galicia e non pase a mans privadas. Na mesma, Carlos subliña que tanto  Caixa Galicia como a Caixanova, a través das propias entidades financeiras como das fundacións, son propietarias de case 6.000 obras de arte, valoradas en 116 millóns de euros, fundamentalmente de artistas galegos do Siglo XX.

“Agora que Novagalicia Banco vai ser vendida, as obras de arte poden fuxir de Galicia ou ser vendidas a particulares, acabando en lugares insospeitados. Esas obras perténcenlle ao Pobo Galego, forman parte do noso Patrimonio”.

Para evitalo propón que sexan declaradas Ben de Interese Cultural e trasladaras á Cidade da Cultura de Galicia, “alén de rescatar para os galegos esa colección, danlle un contido á Cidade da Cultura, esa construción megalómana que tantos cartos nos costou e á que lle hai que sacar partido”.

 

También te puede interesar