Galicia

Piden a dimisión do alcalde de Baralla polas súas palabras “fascistoides”

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña pediu este martes a demisión do alcalde de do concello lucense de Baralla  polas súas declaracións “fascistoides” e “antidemocráticas”, logo de que este individuo afirmase no último Pleno do concello que “os que foron condenados a morte durante o franquismo será que o merecían”.

ACRMH preguntou a este suxeto se con esas declaracións se refire “ás máis de 6.000 persoas asasinadas polo franquismo” en Galicia, tal vez ás “mulleres violadas, ás que foron torturadas”. Seguindo a mesma liña, demandou coñecer se González Capón falaba das “máis de 115.000 persoas que aínda constan como desaparecidas” e que “bastante probablemente, estarán soterradas en cunetas”.

Finalmente, interpretou esta organización que as súas palabras poderían ser consideradas “apoloxía do terrorismo” e sostivo que “en nada axudan á paz e a convivencia democrática”. De feito, lamentou que, malia ocupar a alcaldía “dende 1987, non evolucionara o suficiente como para despegarse desas ideas reaccionarias”.

Por todo, a CRMH pediu o alcalde de Baralla que, tras afirmar que as súas palabras foron “sacadas de contexto”, se saque el mesmo “do contexto da vida política galega”. “Dimita do seu cargo, pois non é de recibo que un responsable político faga esas declaracións ofensivas e humillantes para as vítimas do franquismo en xeral”, concluíu.

 

También te puede interesar