Galicia

Piden a dimisión do alcalde de Baralla polas súas palabras «fascistoides»

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña pediu este martes a demisión do alcalde de do concello lucense de Baralla  polas súas declaracións «fascistoides» e «antidemocráticas», logo de que este individuo afirmase no último Pleno do concello que «os que foron condenados a morte durante o franquismo será que o merecían».

ACRMH preguntou a este suxeto se con esas declaracións se refire «ás máis de 6.000 persoas asasinadas polo franquismo» en Galicia, tal vez ás «mulleres violadas, ás que foron torturadas». Seguindo a mesma liña, demandou coñecer se González Capón falaba das «máis de 115.000 persoas que aínda constan como desaparecidas» e que «bastante probablemente, estarán soterradas en cunetas».

Finalmente, interpretou esta organización que as súas palabras poderían ser consideradas «apoloxía do terrorismo» e sostivo que «en nada axudan á paz e a convivencia democrática». De feito, lamentou que, malia ocupar a alcaldía «dende 1987, non evolucionara o suficiente como para despegarse desas ideas reaccionarias».

Por todo, a CRMH pediu o alcalde de Baralla que, tras afirmar que as súas palabras foron «sacadas de contexto», se saque el mesmo «do contexto da vida política galega». «Dimita do seu cargo, pois non é de recibo que un responsable político faga esas declaracións ofensivas e humillantes para as vítimas do franquismo en xeral», concluíu.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.