Galicia

Acusan a Ryanair de subir o prezo das pasaxes logo do accidente do tren de Santiago

Pasaxeiros de Ryanair denunciaron que a aerolínea subiu os prezos dos seus billetes – e por iso houbo usuarios que non os confirmaron – logo do accidente de tren de Santiago, o pasado día 24. A compañía aérea negou tal afirmación e sinalou que se houbo un incremento do prezo do billete foi responsabilidade da axencia de viaxes Rumbo. “É falso que subisen os billetes”, indica Ryanair nunha nota na que subliña que Rumbo “vende de maneira inapropiada os voos de Ryanair e enche os prezos”.

A axencia de viaxes asegura, tallantemente, que iso é mentira e asegura que eles son  “meros intermediarios”; “non é verdade que Rumbo non poña en contacto aos seus clientes coas aerolíneas. De feito, a razón pola cal Ryanair non ten constancia da reserva que provocou a reclamación é porque os clientes non quixeron confirmala debido ao incremento de prezo do billete, feito completamente alleo a Rumbo”.

 

 

También te puede interesar