Vigo al minuto

Os veciños de Teis ven positivo pero “insuficuiente” o plan para arranxar o abastecemento do barrio

Nunha asamblea celebrada este venres pola tarde, para valorar as obras que inclúe o plan de  investimentos de Aqualia 2013, asfaltados e pavimentos para o barrio de Teis, presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Fomento o mércores, os veciños calificaron de “positiva” a decisión, “logo de anos reivindicando por parte da veciñanza, e logo do acordo plenario de xaneiro deste ano” que o goberno municipal recolla a actuación en seis rúas do barrio  -rúa Boan, Avenida de Galicia, Avenida da Mariña, Camiño de Cancelo, rúa Oliveira de Abaixo e rúa Toural – , por un importe de 468.000 euros, para a renovación da rede de abastecemento de augas e saneamento.

Así mesmo, a samblea sinalou que “a actuación do goberno municipal é incompleta”, pois aínda faltaría por incluír  rúas onde as roturas son constantes nestes anos, como son a rúa da Campa, rúa Gerardo Campos Ramos, Subida a Ponte, rúa Doutor Corbal, travesías da rúa Espiñeiro, rúa Purificación Saavedra e rúa Amieiro. “Polo tanto  entendemos non se pode dar por cumprido o acordo plenario de xaneiro de 2013”.

“No caso da rúa Doutor Corbal, que se recolle dentro da actuación de asfaltados do rural 2013, para executar no segundo semestre deste ano. Non entendemos como aproveitando que se van realizar obras nesta rúa, non se actúe na renovación da rede de abastecemento de augas e saneamento e na mellora das beirarrúas do tramo inicial e final desta rúa”, sinala a directiva da asociación.

A mesma propuxo á asamblea facer un seguimento do cumprimento das actuacións recollidas no plan, solicitar unha xuntanza co Concelleiro de Fomento para incluír as rúas que non figuran e “acordamos non asistir ao pleno municipal deste vindeiro luns como tiñamos previsto”.

 

También te puede interesar