Comarcas

Julieta Venegas con Eladio y Los Seres Queridos, este sábado en Cambados

O concello de Cambados será este sábado o escenario do concerto de Julieta Venegas, con Eladio y Los Seres Queridos como teloneiros.  Esta actuación, concibida pola Deputación de Pontevedra para reforzar o efecto promocional da Volta Ciclista a España, coincide coas Festas do Albariño.

Outros concellos, como O Grove, verán en concerto a El Sueño de Morfeo -16 de agosto – e Sanxenxo contará con Nena Daconte e os galegos Maryland o 24 de agosto, día do inicio da competición ciclista.

No marco deste programa, Roi Casal acudirá o 23 de agosto a Cangas e o 26 a Lalín; mentres que Xoel López e Amancio Prada estarán o día 24 en Salvaterra de Miño.

 

También te puede interesar