Vigo al día

Esta fin de semana tes ‘Castroconcertos’

Este venres 2 de agosto, rap, hip hop e reggae volven ao Castro da man de Xandre Ground e Ivo, no centro de dinamización xuvenil “Súbete ó Castro” e dentro do programa Vigo en Festas, a partir das 10 da noite. O cartel complétase o sábado coa actuación de Fuck Paradise e Drug Rabbit.

O rap de Xandre Ground, e a mistura de hip hop e reggae de Ivo, daranse cita este venres día 2 de agosto, no Castro. O sábado 10 de agosto será a quenda dos grupos de rock e metal, Fuck Paradise e Drug Rabbit.

A axenda complétase este mes con máis actuacións os días 9 e 10 de agosto. O metal de “Quarzum” e “Oscuro reflejo”, xunto co Rap de “Sine y Tucky” e “Pipe Díaz y Oliver Botana” serán os protagonistas

Ambas citas terán lugar no escenario ao aire libre situado ao carón da pista de bicicletas no Parque de O Castro, a partires das 10 da noite. A entrada será libre e gratuíta.

 

También te puede interesar