Cultura

Culturactiva, teatro e clown de calidade, todos os días do ano, dentro e fora de Galicia

Se cadra non tedes información suficiente – non sempre somos quen de chegar a moitos lugares nen facernos eco de moitas iniciativas – sobre actividades culturais. Para facilitarvos algo as cousas, vos presentamos a Culturactiva SCG, a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa.

Cada ano leva a cabo máis de 250 actuacións, un número que xa superaron en 2009 e 2010 e que medrou notablemente en 2011 e 2012, en non só no ámbito galego. Entre as súas propostas están o Festiclown ou a Feira Ecolóxica de Arzúa, porque o feito é que  Culturactiva SCG leva, todos os días do ano, teatro e clown de calidade a calquera recuncho de Galicia  e tamén do Estado. Por elo, e para que saibades qué hai na rúa, onde, cándo e cómo podedes ir, abrímos, premendo aquí, o mundo de Culturaactiva SCG.

 

También te puede interesar