Ciencia y Tecnología

Reaberto o local de ensaio da Avenida Mendiño en Redondela

A  Concellería de Participación Cidadá  de Redondela anunciou este xoves a  reapertura do local de ensaio da Avenida Mendiño despois de que o departamento de vías e obras do Concello realizarse un arranxo  que tivo un  coste aproximado duns 5,000€. O mesmo foi necesario debido os desperfectos no teito por filtracións de humidade, ademáis dos actos de vandalismo que se produciron nos ultimos meses, o que supuxo o seu peche inmediato para evitar accidentes nas persoas usuarias.

Despois de varios meses de obras, nas que se colocou un teito novo e se puxeron tamén portas novas ademais de pintar o interior,  ábrese o local que é utilizado por  vinte grupos que van dende o rock ata a música tradicional ou instrumentos como a gaita e saxofón.

 

También te puede interesar