Galicia

Os mariñeiros galegos da flota cefalopodeira deixarán de cobrar as axudas o día 1 de agosto

Os mariñeiros da flota cefalopodera que faenaban en Mauritania deixarán de recibir axudas compensatorias a partir do 1 de agosto porque Europa o “prohibe”. Esta é a información que este martes transmitiu o secretario da CIG-Mar, quen subliñou que todos eles terán que “apuntarse ao paro, o que poida, ou buscarse a vida”.

Xabiar Aboi anunciou, ademáis que  convocou os tripulantes a unha asamblea que se celebrará o mércores a partir das 10 da mañá na Biblioteca de Marín para informarlles da reunión que os representantes sindicais mantiveron co subdirector de Acordos Internacionais da Secretaría Xeneral de Pesca, Carlos Moreno, e que, “en conclusión é máis do mesmo”. Ademáis, Aboi criticou a ausencia do titular da secretaría, Carlos Domínguez, con quen estaba previsto o encontro, e afirmou que os representantes do Goberno “non dan a cara nin tiveron un minuto en máis dun ano para recibirnos”.

O voceiro de CIG-Mar mostrouse moi descontento co acordo con Marrocos xa que indicou, “está feito para salvar á flota andaluza, mentres que para a flota galega supón faenar nunha zona á que nunca se foi e pagar coma se fosen a capturar polbo”.

En opinión do representante da CIG, “coa súa  actitude, a Xunta se está a rir da xente”, ao entender que a Consellería “nin sequera falou” tras o anuncio da comisaria de pesca, María Damanaki, da celebración dunha nova comisión mixta sobre a flota peláxica holandesa, na que non se abordará a situación dos cefalopoderos galegos.

 

También te puede interesar