Vigo al minuto

Traballador@s de Povisa entregan na Xunta a convocatoria de folga dende o día 19 de agosto

Traballadoras e representantes do comité de empresa de Povisa desprazáronse desde o Concello, onde se concentraron ás 11 da mañá, até o predio administrativo da Xunta, onde fixeron entrega no rexistro da convocatoria de folga indefinida para o 19 de agosto.

A concentración diante do edificio administrativo tivo lugar en silencio, e as pancartas locían crespóns negros en sinal de respeito polo accidente ferroviario en Compostela. Esta acción ten lugar despois da ruptura de negociacións coa empresa o pasado 23 de xullo, que pretende impor o convenio provincial mentres non se acade un novo acordo, o cal supón unha merma salarial e das condicións de traballo «inasumíbeis» para os e as traballadores.

Segundo os traballadores,  o acordo sobre o convenio colectivo de Povisa non puido lograrse porque “existen grandes diferenzas entre a dirección e o comité de empresa en aspectos como as retribucións, a mobilidade funcional, a aplicación de xornadas flexibles e as irregularidades dos horarios”.

Ademais, lembran que, dende o pasado mércores, aplícase o convenio provincial do sector, o cal, segundo os seus cálculos, supón unha “perda de poder salarial gravísima”. Nese sentido, sinalan que un médico ou farmacéutico perde uns 478 € de salario ao mes e un celador, auxiliar de enfermaría ou administrativo unha media de 500 € mensuais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.