RGPD - Cookies
Comarcas

O ORAL abre o período de cobro voluntario do IBI nos 51 concellos da provincia adheridos a este servizo

O período de cobro voluntario do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de Natureza Rústica, Urbana e de carácter especial nos 51 concellos adheridos ao ORAL estará aberto do 1 de agosto ao 15 de outubro, segundo se recolle no Boletín Oficial da Provincia deste luns.

Os concellos nos que se abre este prazo son: Arbo, Barro, Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Agolada, Gondomar, Lalín, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Portas, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

O recibo será remitido ao domicilio declarado de cada contribuínte, que poderá efectuar o pagamento a través de calquera entidade bancaria ou na caixa dos Servizos Centrais do ORAL.

No caso de perda do recibo, o contribuínte poderá obter un duplicado nos Servizos Centrais do ORAL ou na Oficina do servizo máis próxima ao seu domicilio, ata o 15 de outubro.

Os contribuíntes que a 01 de outubro de 2013 non tivesen recibido nos seus domicilios os recibos poderán solicitalos ata o 15 de outubro de 2013 nas oficinas do ORAL.

Exposición pública

Paralelamente, do 1 de agosto ao 1 de setembro estarán expostas ao público nos respectivos concellos os listados de contribuíntes e bens sometidos ao imposto para que os interesados poidan examinalos e presentar as reclamacións que consideren oportunas. O prazo para a presentación destas alegacións será de un mes, desde o 2 de setembro ata o 2 de outubro, ambos inclusive.

 

También te puede interesar