Vigo al minuto

Todos os bombeiros e policías locais de Vigo ofrecéronse a axudar na traxedia de Santiago

Concentración silenciosa este venres na Praza do Rei/Tresyuno Comunicación

Os 27 concelleiros que forman a Corporación ante o «drama do tremendo accidente de Santiago» gardaron 5 minutos de silencio durante unha concentración organizada, este venres, na Praza do Rei. Os voceiros dos dous partidos da oposición, ademáis do alcalde, salientaron a solidariedade coas víctimas, as súas familias e os feridos e trasladaron unha mensaxe de “unidade de toda a cidade” ante o que calificaron de “terrible desgracia”.

O acalde reiterou que suspéndense todos os actos festivos durante os sete días de loito aprobados polo Concello, e avanzou que algúns deses actos, como o concerto de Pablo Alborán – previsto nun principio para este domingo día 28 en Ifevi, pasa para o  14 de agosto – poderían recuparerse ao longo do mes que ven. Tamén queda posposto para o vindeiro día 5 o Pleno que debería celebrarse o vindeiro luns.

Asimesmo, indicou que a totalidade dos Bombeiros e axentes da Policía Local que estaban fora de servizo ou de vacación estes días, amosaron a súa dispononibilidade inmediata para prestar os seus servizos en Santiago se eles fosen necesarios, o cal, “amosa a fonda solidariedade dos veciños desta cidade coas víctimas desta traxedia”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.