Galicia

A CIG denuncia o aumento masivo de contratacións vía ETTs na automoción viguesa

Delegados sindicais e membros da Coordenadora da Automoción da CIG realizaron este venres 26 de xullo unha concentración e reparto informativo diante da empresa Denso, no polígono de Valadares  para alertaren do medre inxustificado das contratacións vía ETT nas empresas que forman parte de CEAGA  – Clúster de Empresas da Automoción de Galicia -.

Henrique Pérez, secretario nacional da automoción na CIG-Metal recorda que estes contratos conlevan unha maior precarización dos postos de traballo, “con salarios menores e condicións contractuais por baixo do resto de persoal”.

No que respeita ao caso concreto de Denso, alerta de que “se están a superar os cupos marcados pola propia empresa», “chegando a un 40% de contratacións vía ETT na quenda de día e a un 90% na de noite”, o que da boa idea da gravidade da situación. Todo isto, acrescenta, “sen que existan condicións extraordinarias ou aumentos na produción que o xustifiquen” nunha empresa “caracterizada polos seus reiterados incumprimentos en materia laboral”.

Ademais da denuncia do aumento crítico da temporalidade e precarización, desde a CIG insístese na necesidade de por fin ás “continuas irregularidades nas contratacións, prevención e saúde laboral”, feitos denunciados continuamente polas diferentes seccións sindicais da CIG neste ramo. Neste sentido, o pasado 17 de xuño representantes sindicais da CIG de Denso, Faurecia GKN, Alimosa, Ensa e PSA mantiñan un encontro con Inspección de Traballo para informar desta situación, sen que polo momento as diferentes empresas modificaran os seus comportamentos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.