RGPD - Cookies
Vigo al día

Os [email protected] de Povisa, en folga indefinida dende o 19 de agosto

[email protected] de Povisa pechados na Xunta este outono/Tresyuno Comunicación

A Asamblea de Traballadores de Povisa acordou ir a unha folga indefinida a partir do 19 de agosto, ademais dunha serie de mobilizacións que comezarán a partir do próximo luns.A medida foi acordada despois de que as negociacións coa empresa sobre o convenio colectivo fracasaran e pase a aplicarse o convenio provincial do sector.

Segundo os traballadores,  o acordo sobre o convenio colectivo de Povisa non puido lograrse porque «existen grandes diferenzas entre a dirección e o comité de empresa en aspectos como as retribucións, a mobilidade funcional, a aplicación de xornadas flexibles e as irregularidades dos horarios».

Ademais, indica que, a partir deste mércores pasa a aplicarse o convenio provincial do sector, o cal, segundo os seus cálculos, supón unha «perda de poder salarial gravísima». Nese sentido, sinalan que un médico ou farmacéutico perde uns 478 € de salario ao mes e un celador, auxiliar de enfermaría ou administrativo unha media de 500 € mensuais.

Por outra banda, indica que Povisa, que ten un concerto co Sergas, que actualmente está prorrogado, percibe este ano «os mesmos presupostos do ano pasado máis o IPC, que non percibiu ningún hospital público da rede do Sergas».

O Comité de Empresa subliña que “este conflito non só afecta ao aspecto laboral e de condicións de traballo do equipo de Povisa, senón tamén a unha poboación asignada a este centro que ten un concerto singular coa sanidade pública”.

Pola súa banda, un voceiro de Povisa defendeu a postura do centro nas negociacións e  denunciou que pese a mesmas e a súa importancia, “18 dos 23 membros do Comité de Empresa colleron vacacións este mes”. Engadiu que a clínica ofreceu “garantir o 100% do salario dos traballadores actuais e foi rexeitado»;  tamén se propuxo unha rebaixa dos días de libre disposición, de 21 a 4, “ e tamén dixeron que non”.

Polo que se refire ás novas incorporacións, a dirección «ofreceulles mellorar o convenio provincial  tanto en salario coma en medidas sociais e tamén foi rexeitado».

 

También te puede interesar