O fiscal xefe de Galicia anima aos Afectados polas Preferentes a seguir manifestándose

O fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela/Tresyuno Comunicación

Portavoces das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño e Condado-Louriña-Paradanta mantiveron, este luns, unha reunión co Fiscal Xeral de Galicia para que Carlos Varela os informase sobre os trámites da demanda por cesación, que se promoveu dende a Fiscalía, e, tamén achegarlle  de primeira man, as novas da “represión policial inxustificada que están a sofrir os afectados”.

Carlos Varela, trasladou o seu apoio e solidariedade aos afectados aos que  animou a que a que manteñan  as súas manifestacións e presións na rúa, a pesares de que é moi consciente do gasto económico que isto significa para os estafados

Ademáis, segundo os portavoces das plataformas, “nos reiterou que pola súa banda vai seguir adiante na defensa dos afectados, de feito, o día 17 celebraráse a primeira vista” ,e , por último non comprende o porqué da “represión policial” ante un colectivo que loita democráticamente polos seus aforros.

Ao remate da xuntanza, a Plataforma do Baixo Miño tivo coñecemento de que  o xuízo  de faltas contra o seu voceiro, Xulio Vicente, que se levou a cabo en no Xulgado nº1 de Tui, hai aproximadamente uns quince días tivo resultado favorable para o afectado.

 

También te puede interesar