RGPD - Cookies
Galicia

68 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 68 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres e as 12 da noite de este luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado e o domingo con 21 accidentes respectivamente.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 68 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54 e do 46%, respectivamente, e nas idades dos feridos, obsérvase cun 36% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 67. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu un accidente, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 10 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e 5 se atenderon nun centro de atención primaria.

 

También te puede interesar