Galicia

Educación dotará con lectores electrónicos a 115 bibliotecas escolares públicas

A Consellería Educación dotará, o próximo curso académico, con lectores electrónicos a 115 bibliotecas escolares para fomentar o uso das novas tecnoloxías e incorporará 20 centros ao Plan Mellora de Bibliotecas (PLAMBE), o que suma un total de 524 colexios e institutos públicos que participarán neste programa o curso que vén.

O PLAMBE inclúese dentro do Plan LÍA 2010-1015, que pretende fomentar «a actividade lectora, a información e a aprendizaxe».

Educación sinala que este programa «é froito dunha implicación conxunta dos docentes e dos centros educativos, por un lado, e da consellería polo outro, a favor dunha dinamización efectiva das bibliotecas escolares como espazos para a alfabetización informativa e a formación lectora do alumnado e mesmo das súas familias».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.