Comarcas

As Neves, en pleno ‘Verán Cultural’ con deporte, música, teatro e gastronomía

As Neves ofrece este ano un completo verán de actividades/Tresyuno Comunicación

Dende o pasado día 13 As Neves celebra o ‘Verán Cultural’ unha iniciativa que abrangue dende teatro a deporte, música, encontros gastronómicos ou actividades socioculturais e lúdicas para rapaces.

O mesmo iniciose co ‘Fin de semana de teatro’, os días 13 e 14 coa representación das obras ‘ Os mortos factúranse’, do Premio Nobel Darío Fo, e Zaus, do xenial Woody Allen, da man dos alumnos da Escola de Teatro ‘Xerpo’ de Porriño e o grupo ‘Chan dos Casteliños’ da Asociación de Mulleres Rurais de As Neves.

O venres 26 disputarase a final do XXVIII Torneo de Fútbol Sala ‘ Memorial Pepe Leira’; o sábado, día 27, abrirase a VIII Festa do Tinto das Rías Baixas, que durará ate o domingo, 28, co pregón da cantante lucense, Lucía, representante española no Festival de Eurovisión.

O mércores, día 31, empezan as actividades socioculturais, lúdicas, educativas e deportivas para nenos e nenas, que este ano terán un programa cheo de novidades e nas que, verán tras verán participan ducias de rapaces e rapazas.

Dous días máis tarde, no Auditorio Municipal ‘Vázquez Portomeñe’, celebrarase o XXI Festival de Corais, coa Coral Polifónica do concello lucense de Chantada e a de Santa María de As Neves. Pola noite, na Praza Maior, ese mesmo día, terá lugar o Festival de Disjockey.

O sábado, día 3, celébrase, na Estación, a Festa da Milagrosa que enlaza coa Festa da Tortilla e unha multitudinaria verbena e o luns, día 5 as Festas Patronais de Santa María de As Neves.

 

También te puede interesar