Galicia

O BNG alerta de neglixencias na selección dos membros das brigadas contra o lume

O BNG denunciou “neglixencias graves” no proceso de selección de brigadistas de extinción forestal que este ano terán os concellos galegos, o custo dos cales será asumido nun 75% pola Xunta e o resto polas entidades locais, o que suporá “unha discriminación co rural” pois os que máis necesitan eses grupos de prevención e extinción son precisamente os concellos con máis dificultades.

A parlamentaria Tereixa Paz e o concelleiro de A Merca Manuel Outomuro, explicaron en rolda de prensa o que cualificaron como “neglixencias graves” Eirregularidades administrativas” por parte dos tribunais que seleccionan os catro peóns e un capataz que traballarán para os concellos na extinción forestal.

“Na bisbarra de Celanova, só seis concellos decidiron acollerse ao convenio tipo elaborado pola Xunta que volve poñer en activo a este tipo de brigadas e nas probas de selección, a práctica que implica manexo de maquinaria acabou sendo unha proba de extinción con mangueira”, detallou.

Aludiu tamén á proba física na que os candidatos deben demostrar que poden percorrer un mil metros cunha mochila de 16 quilogramos en oito minutos “e en vista de que facía calor e os rapaces parecían sufrir, decidiron deixala nun percorrido de 250 metros en 3 minutos”, agregou.

Ademais, citou a outras irregularidades como a ausencia de publicidade, concorrencia de méritos pois “hai casos para todo”, dixo para relatar o do un concello que publicou a convocatoria para formar parte das brigadas no xornal de menos tirada da provincia, ou a ausencia total de publicación na páxina de Internet de cada concello ou a “inexistencia dun órgano a que se poida recorrer o procedemento ou os prazos establecidos”, engadiu.

Tampouco se cumpriu, segundo Outomuro, a normativa sobre a porcentaxe de puntos que se dan pola experiencia previa na extinción e pola entrevista persoal. “Está claro que se busca contratar da forma máis discrecional posible pero dando unha careta de legalidade ao que se fai e contratar os que queren sen ter en conta o que se necesita”.

 

También te puede interesar