Galicia

Siguen moi graves os tres homes feridos na explosión dunha bombona de acetileno

Os tres homes que resultaron feridos o pasado mércores ao explotar unha bombona de acetileno nunha nave no concello coruñés de Outes permanecen ingresados con prognóstico “moi grave pero estable” na Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Nun primeiro momento un dos feridos, E.A.M., de 56 anos, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago, dende onde foi derivado ao Complexo Hospitalario da A Coruña,  a onde evacuaron aos outros lesionados, J.D.F., de 38 anos, e J.P.C., de 51 anos.

Fontes do devandito hospital indicaron que os tres pacientes continúan “estables e con prognóstico moi grave” e non se observan cambios respecto á súa situación en xornadas anteriores:  os feridos presentan queimaduras “de terceiro grao  profundas que afectan a entre o 60 e 80 % do corpo”.

 

También te puede interesar