Vigo al minuto

Os traballadores do Naval poderían pecharse nos asteleiros dende este martes

Peche en Barreras en xullo de 2011/Tresyuno Comunicación

Os representantes do naval de Comisiones Obreras, Unión General de Trabajadores e  CIG celebraron este luns unha cuntanza na que acordaron proponer aos traballadores do Naval, este martes, en asamblea, iniciar un peche nos asteleiros e empresas auxiliares, ate que o Colexio de Comisarios da Comisión Europea, tome unha decisión sobre a devolución do tax- lease, este mércores. Trataríase de manter a presión dos traballadores e os comités de personal mentras se consideran “outras medidas de presión” e mobilizacións nos vindeiros días.

Ao mesmo tempo, unha representación de Comisiones Obreras estivo este luns en Bruxelas distintos encontros con responsables comunitarios para presentarlles argumentos para que rexeiten que o Naval español teña que facer fronte á devolución das bonificacións fiscais dende 2005, como pretende o vicepresidente de Comisión, Joaquín Almunia que, salientaron, porá en peligro de dsaparición o sector e, con él, a perda de máis de 87.000 empregos – 18.000 na Ría de Vigo-.

 

 

También te puede interesar