Galicia

Pachi Vázquez agradecelle a Rubalcaba que o deixe celebrar en Galicia unhas primarias de ‘chichinabo’

Á vista do feito de que as Primarias galegas non sexan vinculantes amosa que Pachi Vázquez ten o mesmo peso no PSOE que Anguita na Conferencia Episcopal/Tresyuno Comunicación

O aínda secretario xeral dos socialistas de Galicia amosou este sábado a súa satisfación polo que él entende como un respaldo do Comité Federal do PSOE á celebración dunhas primarias para eleixir ao próximo líder do PSdG. Por el contrario a realidade – ademáis do feito de que Pachi Vázquez ten menos peso no PSOE que Rouco Varela – é que a dirección que preside Alfredo Pérez Rubalcaba deu o seu permiso a un proceso que, segundo aclarou o partido é «experimental e non vinculante».

A realidade, dacordo co que ven de deixar craro o equipo de Rubalcaba, é que as Primarias do 7 de setembro non van valer para nada – da igual o que digan os afiliados – porque, e así o subliña a dirección socialista estatal, “estas primarias non terán ningún efecto a nivel estatutario ou organizativo».

O PSOE estatal acepta que os socialistas galegos queiran realizar a consulta aos seus militantes, se ben recalcaron que «non terá efecto», é dicir, que non terá validez de cara ao congreso que se celebrará dúas semanas despois. «O que conta é o congreso. Non se pode ir contra os estatutos do partido», afirmaron. Dito doutro xeito: no caso de que nas primarias os membros do PSdG elixan a alguén que non sexa do agrado de Rubalcaba a vontade dos militantes quedará supeditada a do secretario xeral estatal…o mesmo que o pasado 18 de maio facía unha proposta para facer cambios nas institucións e nos partidos, empezando pola celebración de primarias para elixir candidato o cal “permitirá garantir o fortalecemento do sistema democrático”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.