Vigo al minuto

Feijóo pedirá a Rajoy que expoña a Durao os argumentos en contra da devolución do tax-lease

Feijóo e o conselleiro de Economia e Industria en Vigo, este venres/Tresyuno Comunicación

O presidente da Xunta adiantou este venres, logo de reunirse con representantes da patronal do Naval e do Metal e xerentes e presidentes de varios asteleiros da Ría, que remitirá aos ministros de Industria, Economía e Emprego unha “comunicación” para que intermedien ante os Comisarios Europeos que dirixen eses mismos departamentos a fin de que expoñan a postura galega sobre a devolución do tax-lease.

Alberto Núñez Feijóo, quen onte reuniuse – xunto cos presidentes de Asturias e Euskadi, o misnitro Soria, o presidente de PYMAR e os secretarios xerais de Comisiones Obreras y Unión General de Trabajadores – co vicepresidente da Comisión Europea e titular de Competencia, subliñou que avanzouse, “ainda que a resposta e insuficiente” posto que insiste en que os investidores devolvan as bonificacións fiscais ás que se acolleron entre 2005 e 2011 cando apostaron polo Naval galego.

O presidente subliñou que a exclusión de estaleiros e armadores dunha eventual devolución das bonificacións do tax lease, de modo que o devandito reembolso recaese só nos investidores, supón que “segue en risco o financiamento do sector naval e, sen financiamento, non se constrúen barcos, non hai pedidos e non hai posibilidade de comprar tecnoloxía e material para construír barcos”.

A idea de que sexan os ministros os que falen cos responsables dos seus departamentos na Unión explícase no feito de que o comisario de Industria, o italiano Antonio Tajani, sí “entende as razóns” expostas polo Naval galego e que a medida que que quere impoñer Joaquín Almunia suporá una quebra do sector, poñendo en perigo ducias de milleiros de postos de traballo – 18.000 deles na Ría de Vigo – “a máis afectada por esta decisión”.

Ademáis delo, Feijóo adiantou que “nas vindeiras horas” solicitará ao presidente do Goberno que se dirixa a Durao Barroso, “para poñerlle enriba da mesa os argumentos xurídicos sólidos que España e os seus estaleiros xa presentaron a Almunia”. Entre os devanditos argumentos, está a seguridade xurídica e confianza lexítima, o desproporcionalidade. Segundo subliñou, a solicitude de devolución avanzada por Almunia – uns 3.000 millóns de euros do período 2005-2011 – é “absolutamente desproporcionada”, e insistiu en que non se pode reclamar ningunha bonificación aplicada antes da apertura do expediente, é dicir, xuño de 2011.

O titular da Xunta lamentou o “dobre castigo” sufrido polos estaleiros que, non só poden estar abocados ao peche se se consuman as devolucións, senón que non puideron pechar ningún contrato nos últimos dous anos, dende que se suspendeu o sistema de bonificacións fiscais.

O que non quixo acrarar o presidente da Xunta é si estas inicitivas que anunciou se acometerán antes da reunión do Colexio de Comisarios, o vindeiro día 17, data na que a resolución podería ser xa definitiva. Á pregunta sobre esta cuestión, Feijóo limitouse a asegurar que “loitaremos ate o minuto anterior” ao comezo da mesma.

 

También te puede interesar