RGPD - Cookies
Vigo al día

Vigo clama polo Naval

 

Vigo clamou contra a devolución do tax-lease/Tresyuno Comunicación

Manifestación, este xoves, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Milleiros de cidadáns – 40.000 segundo os organizadores, os sindicatos Comisiones Obreras, Unión General de Trabajadores e CIG – manifestáronse este xoves polas rúas de Vigo para esixir á Unión Europea que non execute o anuncio do vicepresidente de Comisión e comisario da Competencia para que o sector Naval non teña que devolver os descontos fiscais do tax-lease entre 2005 e 2011. Á concentración, acudiron representantes de todos os partidos do Parlamento de Galicia, ademáis, ademáis de outras organización, asociacións e entidades cidadás que clamaron contra a resolución de Joaquín Almunia de que o sector asuma o pago de máis de 3.000 millóns de euros.

O ainda secretario xeral do PSdG asegurou que sentía “vergoña” da postura de Almunia e pediu a súa demisión; o voceiro do BNG, subliñou que esta resolución suporía a morte do Naval e pediu ao Goberno que declare a sua insumisión ante as intencións de Bruxelas. O voceiro municipal do PP indicou que “Almunia xa non ten excusa, os vigueses saímos á rúa pola supervivencia do Naval, logo de que a Xunta e o Goberno entregasen a súa proposta á UE”. O alcalde calificou de “detestable” a intención de Almunia e pediu que se marchase “hoxe mesmo”.

Os representantes sindicais ao final da manifestación/Tresyuno Comunicación

Ao final de manifestación, os representantes sindicais leron un manifesto no que proclamaron que a bisbarra de Vigo «está en pé contra o risco de que unha decisión política faga agonizar un sector produtivo clave», lembrando que máis de 12.000 familias viven do mesmo e sinalaron que a devolución das bonificación do tax-lease sería a “puñada definitiva” ao Naval.

Todos eles pediron, ademáis da demisión do vicepresidente, a do máximo responsable da Comisión Europea, Durao Barroso, e un “cambio total” da política comunitarias, ademáis dun plan industrial galego marco no que a participación opública sexa determinante.

 

También te puede interesar