Galicia

Besteiro lembra aos militantes socialistas que teñen unha obriga como tales

Gómez Besteiro, en Mondariz, durante o encontro cos militantes do Baixo Miño/Tresyuno Comunicación

O aspirante á secretaría xeral do PSdeG-PSOE, reuniuse este mércores en Mondariz-Balneario, nunha xuntanza multitudinaria, cos militantes da comarca do Baixo Miño para presentar o seu proxecto de partido, escoitar as aportacións da militancia e respostar preguntas sobre o modelo orgánico e político. Gómez Besteiro subliñou a necesidade de que os integrantes do partido socialista aporten, non so a súa visión senon a súa experiencia, “porque cando entrades pola porta do partido sodes profesionalis, tedes unha experiencia importantísima que é necesario aproveitar, porque estades no día a día da economía, da sociedade, do mundo laboral, da cultura, da empresa”.

O presidente da Deputación de Lugo chamou a integrar, pediu un castigo para aqueles que dividen e preguntouse, “cómo imos xerar confianza se non somos quén de estar unidos na nosa propia casa?”. O candidato fixo autocrítica, tanto do propio sistema político, como do seu partido recoñecendo que “pese a que hai unha maioría de cidadáns que decláranse progresistas, esa maioría está desmotivada”. Besteiro sinalou, por elo, que ser militante socialista conleva unha responsabilidade e apelou a construir un partido cunha dirección  compartido, non repartida, “na que non so fale o secretario xeral ou a executiva, senon na que se escoite o que tedes que decir, o que tedes que aportar, porque esa é a vosa obriga: aportar, construir, ilusionarvos e ilusionar”.

O candidato á secretaría xeral do PSdG lembroulles aos militantes a súa responsabilidade como tales/Tresyuno Comunicación

Unha vez máis, como leva facendo por toda Galicia durante semanas, Besteiro  incidiu nas medidas de “transparencia” polas que vén apostando, como poñer a disposición da cidadanía as contas anuais e electorais no mesmo momento no que se remiten ao Tribunal de Contas. “A transparencia non é unha opción, é un deber e un dereito para a cidadanía, ante a que temos que render contas, e é a base imprescindible para ter a confianza da xente”, afirmou.

Gómez Besteiro defendeu ante a militancia que “os partidos políticos, máis que nunca, deben ser exemplo de rexeneración democrática, e adaptarse á esixencia de información actual con total normalidade”. O socialista situou estas medidas no actual contexto e dixo que “a falta de información dun partido nunca debe ser a noticia”, polo que lamentou que “coa situación de extrema gravidade do país, o PP só sexa noticia polos escándalos das súas contas, e por ser máis un problema que unha solución”.

Estas ideas van en consonancia coa aplicación dun reglamento de Código Ético con medidas de transparencia que o socialista xa vén adiantando nas súas reunións por Galicia. Este novo código contempla medidas que fomentan a participación e a rendición de contas pública. Entre elas, a publicación dos salarios da cúpula e dos representantes do partido a diferentes niveis, a obriga de aceptar e respostar a preguntas en todas as roldas de prensa, as sancións polo incumprimento de responsabilidades de representación ou programáticas ou o acceso á información e o traballo realizado polo partido a través das novas tecnoloxías e de reunións periódicas coa militancia e a cidadanía.

 

También te puede interesar