RGPD - Cookies
Vigo al día

Este ano as Festas de Vigo, empezan o día 24 de xullo e rematan o 18 de agosto

A chamada Semana Grande de Vigo se extende este ano desde o 24 de xullo ata o 18 de agosto, e arranca ese mesmo primeiro día coa letura do pregón. No Auditorio de Castrelos teremos as actuacións de Melendi (24 de xullo), Fangotia e Love of Lesbioan (26 de xullo), Coral Casablanca (27 de xullo), o VI Certame de Orfeóns (28 de xullo) e o II Festival da Rede Europea de Orquestras Folk-Enfo (18 de agosto). As entradas para os concertos de pagamento (Melendi e Fangoria+Love of Lesbian) poranse á venda en Servinova (www.servinova.es ou teléfono 902.504.500) o xoves 11 de xullo ás 9 da mañá.

O domingo 28 de xullo, o artista Pablo Alborán actuará no Recinto Feiral de Vigo-IFEVI; na Praza da Constitución teremos a Semana de Teatro Familiar (do 29 de xullo ao 2 de agosto) e os concertos de «Vigosónico» (do 5 ao 11 de agosto).

Ademais, haberá animación infantil por barrios, o Festival Folclórico Internacional (do 6 ao 11 de agosto), concertos de bandas de música populares e de corais polifónicas, o Maratón Fotográfico (o 10 e 11 de agosto), o Marisquiño (do 9 ao 11 de agosto) e as tradicionais festas gastronómicas (sardiña, polbo e mexillón).

Como novidade, o 9 de agosto, entre as 20:00 h e as 02:00 h, celebrarase «A noite branca», con actividades nos centros museísticos e expositivos da Rede de Museos de Vigo.

 

También te puede interesar