Galicia

A Xunta rexeita o proxecto da mina de Corcoesto

A Xunta comunicou este martes a Edgewater, empresa Mineira de Corcoesto que o proxecto de explotación «non cumpre os requirimentos técnicos e económicos» para ser aprobado e que «non autoriza estes plans por non cumprir as máximas garantías de viabilidade».

A Consellería de Economía e Industria reuniuse con representantes desta empresa, e pediulles que a empresa «acredite unha solvencia mínima do 25% de fondos propios sobre a inversión do proxecto e un compromiso en firme do resto do financiamento, así como a documentación que acredite a capacidade técnica da empresa para desenvolvelo».

«De non se cumprir axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o proxecto sería rexeitado definitivamente e non se continuaría coa súa tramitación», avisou a consellería, que asegura que mantén a súa aposta por «unha minaría comprometida co país, innovadora e sostible».

O Goberno galego insistiu en que está de acordo con impulsar o «aproveitamento responsable dos importantes recursos minerais cos que conta Galicia» e o «desenvolvemento sostible dun sector que emprega máis de 7.000 persoas na comunidade e que supón máis do 1,2% do PIB galego».

Por iso, reiterou que «cada proxecto está sendo estudado pormenorizadamente» e seguindo «rigorosamente a normativa». «Só se autorizarán aqueles que favorezan o desenvolvemento económico e o benestar dos galegos, sempre que garantan a súa viabilidade ambiental, económica e técnica».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.