RGPD - Cookies
Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 104 persoas debido a 69 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do pasado venres, día 5, e a medianoite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 76 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 69 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 104 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 e do 39% e nas idades dos feridos, obsérvase cun 50% dos atendidos tiña entre os 15 e os 34 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 88. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 75 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 92 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, oito foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e catro se atenderon nun centro de atención primaria.

 

También te puede interesar