Vigo al minuto

Aberto o prazo para solicitar a asistencia do ‘Programa Municipal de Axuda a Familias’

Personas esperando para conseguir alimentos, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Dende o pasado día 6 de xullo e ate día 20 do mesmo mes, as institucións en veciños de Vigo que estén en dificultades económicas, no segundo caso, e que se adiquen a atender necesidades básicas de alimentos e comedor social, no primeiro, poden solicitar as axudas do ‘Programa Municipal de Axudas a Familias’.

Comedores sociais, entidades sen ánimo de lucro, ONGs

O mesmo foi aprobado polo de goberno local o pasado 17 de xuño e, no caso de institucións, ONGs , comedores sociais e entidades sin ánimo de lucro, está dotado con 2.750.000 € en conxunto, podendo optar a unha axuda de 200.000 €, as devanditas entidades, polo sistema de ‘concurrencia competitiva’, – o que supón que todos os proxectos serán avaliados baixo os mesmos criterios, tendo todos eles as mesmas oportunidades, adxudicándose a axuda a aqueles que obtivesen maior valoración dentro do orzamento do que se dispón -. Podes consultar as bases premendo aquí.

Esta aportación segundo subliñou o alcalde, superará a multiplicación por catro das achegas municipais que se outorgaban ata o de agora e que xa se duplicaron o ano pasado.

Familias

A segunda convocatoria, de 2.450.000 €, está destiñada ás familias de xeito directo. Efecuarase nun único pago e poderán presentarse todas as personas que leven máis dun ano empadronadas en Vigo, sempre que os ingresos da unidade de convivencia familiar non sexan superiores ao salario mínimo interprofesional – 645,30 € – e que o importe da renda per cápita de cada un dos membros non supere os 150 €. A cantidade dispoñible dividirase entre todos os solicitantes que cumpran os requisitos. Tal e como explicou Abel Caballero, esta axuda, ademais de apoiar ás familias, “repercutirá de xeito xeralizado no comercio local”, no que poderán comprarse os artigos que precisen.

En concreto, este axuda destinarase á compra de productos alimenticios básicos, vivenda ou vestiario, “prioritariamente en establecementos do pequeno comercio establecidos no termo municipal de Vigo e que se realicen dende o 1 de abril ao 31 de outubro de 2013”. Podes consultar as bases premendo aquí.

 

También te puede interesar