Vigo al minuto

O BNG pide a comparecencia do ministro Soria no Congreso ante a gravidade do tax-lease

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e a deputada do BNG, Rosana Pérez, solicitaron a convocatoria dunha Deputación Permanente do Congreso para que se debata e se vote a demanda do BNG de que compareza o Ministro de Industria, José Manuel Soria, nunha sesión estraordinaria este mes de xullo pola grave problemática xerada en torno ao Tax Lease anterior.

As deputadas do BNG consideran que as diversas manifestacións do Comisario da Competencia da UE, Joaquín Almunia, que provocaron unha grande preocupación no sector naval pola posibilidade de ter que devoltar as bonificacións fiscais de anos anteriores, así como a resolución que a UE poida adoptar o vindeiro 17 de xullo, son motivos máis que suficientes para que o Ministro de Industria dea explicacións de que xestións está a facer o Goberno para que non se cumpra a ameaza explicitada por Almunia.

Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez poñen de manifesto que “toda Galicia, especialmente onde están ubicados os estaleiros, vive con moita inquedanza e preocupación o que poida pasar o 17 de xullo en relación ao Tax Lease. Se se cumpren os piores augurios e a ameaza expresada por Almunia, será un golpe mortal para o sector naval, coa conseguinte afectación de case 90.000 postos de traballo no estado, e uns 15.000 en Galicia”.

As parlamentares do BNG afirman que “nunha situación de tanta angustia, sobre todo para os  traballadores dos estaleiros, sería preciso que o Ministro explicase que xestións e actuacións están realizando para evitar unha resolución prexudicial sobre o expediente do anterior Tax Lease”.Estamos contra reloxio e o Goberno español debería mover todas as fichas posíbeis porque está claro que existe un doble raseiro, que estamos ante unha cuestión política”.

 

También te puede interesar