Comarcas

Denuncian que máis 200 persoas non poderán cursar educación de adultos en Ponteareas

A Corporación Municipal de Ponteareas aprobou en xullode 2011, a implantación da educación Permanente de Adultos, esta iniciativa, atendía as demandas do conxunto da comunidade educativa, sobre a necesidade de que Ponteareas contase con este servizo esencial.

Dous anos máis tarde, segundo denuncia o BNG, o Conselleiro de Educación anunciou que Ponteareas contaría a partir do vindeiro curso coa entrada en funcionamento de dúas unidades de ESO en Educación Permanente de Adultos.

Para o BNG, a dotación de dúas unidades é totalmente insuficiente debido a que so cubrirá un 25% da demanda existente na ESO, quedando excluído o Bacharelato. Segundo as previsións da Consellaría, hai máis de 200 solicitudes para cursar ESO e máis de 60 para realizar o Bacharelato.

Os nacionalistas, que consideran a educación de adultos unha prioridade, anunciaron que demandarán a ampliación da oferta para que os centos de veciños e veciñas que queren cursar a Secundaria ou Bacharelato de adultos en Ponteareas poidan realizalo, sen verse obrigados a desplazarse a outras localidades como O Porriño ou Vigo.

 

También te puede interesar