Vigo al minuto

Novas aplicacións para móbiles con información de rutas das Illas Atlánticas

A Xunta ven de poñer en funcionamento unha aplicación gratuíta para os dispositivos móbiles con información sobre as nove rutas definidas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Os visitantes poderán coñecer detidamente os valores naturais e culturais que conforman este enclave privilexiado de Galicia, a través dos máis de 39 quilómetros en percorridos.

Esta guía, que se presenta en galego e castelán e para as dúas plataformas maioritarias de telefonía IOS (Apple) e Android (Google), enumera e localiza os principais recursos ambientais e turísticos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e ofrece unha descrición xeral do entorno, información acerca da mellor forma de realizar a visita, o clima, os servizos e os equipamentos cos que conta cada localización, os graos de protección e as formas de acceso.

Grazas a esta aplicación, os usuarios poden programar, de xeito intuitivo e práctico, as visitas, adaptándoa ás súas condicións e necesidades. Ademais, permite almacenar os datos no teléfono do usuario e consultar máis dun 80% da información sen necesidade de conectarse a internet.

Esta programación é posible grazas a que os usuarios poderán descargarse fichas elaboradas con gran detalle, así como fotografías, nas que atoparán información sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural, as rutas oficiais sinalizadas en mapas con tecnoloxía de xeolocalización, fotografías das mesmas e información sobre distancias, dificultade e puntos de inicio dos itinerarios.

Todas aquelas persoas que desexen acceder a esta base de datos sobre as rutas nos parques naturais de Galicia poden descargar a aplicación no seguinte enlace (para android): http://droidmill.com/parques-naturales-de-galicia-1148610.html; mentres que os dispositivos móbiles que sexan ipad, iphone deberán seguir o enlace: https://itunes.apple.com/us/app/parques-naturais-e-nacionais/id616630669?mt=.

 

También te puede interesar