Galicia

Extinguido totalmente o incendio de Verín que arrasou 35 hectáreas

A Consellería do Medio Rural ven de informar da extinción do incendio forestal e agrícola rexistrado no concello ourensán de Verín, na parroquia de Cabreiroá. O lume iniciouse onte ás 13:14 horas e quedou controlado ás 02:47 da madrugada de hoxe, sendo completamente extinguido nas pasadas horas.

Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 35 hectáreas, das cales 1 é arborada e o resto rasas. Nos traballos de control deste incendio participaron 1 técnico, 8 axentes forestais, 10 brigadas, 5 motobombas, 1 pala, 3 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

 

También te puede interesar