Comarcas

A Deputación impulsa ‘Aquelando3’ para impulsar o autoemprego en zonas rurais da provincia

A Deputación de Pontevedra, a través do programa Aquelando 3, porá en marcha 6 obradoiros de emprendemento orientados a promover o autoemprego no rural e a facilitar a creación de empresas e servizos de proximidade noutras tantas áreas da provincia.

Así quedou de manifesto na última xuntanza do Pacto pola Calidade e a Productividade Social no Emprego reunido en Vigo no que participaron representantes da Mancomunidade do Salnés, do Grupo de Desenvolvemento Rural Condado–Paradanta, da Mancomunidade Umia-Ulla,  de COGAMI, AEIGA, Cruz Roja, FADEMUR, FADEMGA, AEMPE, Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), Asociación de Empresarias de Pontevedra e Asociación de Pequenas Empresas de Galicia, ademais de técnicos do proxecto Aquelando e o responsable de Príncipe Felipe.

Na xuntanza avanzouse na planificación destes obradoiros, que se desenvolverán un en cada unha das 6 comarcas adheridas ao Pacto, que son as de Ulla-Umia, Baixo Miño, Terras de Deza, O Salnés e Val Miñor, e o Grupo de Desenvolvemento Rural de Condado-Paradanta,

A finalidade dos obradoiros que se van poñer en marcha é ofrecer aos emprendedores ferramentas eficaces para a creación de cooperativas , impulsar a creación de emprego con base na economía social.

Nos obradoiros, os participantes recibirán apoio e formación para a detección de necesidades e a posta en marcha de ideas de negocio innovadoras, terán ocasión de analizar casos reais de éxito para que poidan coñecer os factores que inflúen no funcionamento dun novo negocio, formaranse na xestión administrativa de cooperativas e recibirán información sobre axudas ao emprendemento, entre outras materias.

 

También te puede interesar