RGPD - Cookies
Comarcas

O Concello de Salvaterra estuda modificacións urbanísticas que melloren a edificabilidade

secretaria xeral de Ordenación do Territorio e ao alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e ao alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, mantiveron este venres unha reunión para a analizar a posibilidade de abordar varias modificacións ao planeamento actual, co fin de dotar de maior seguridade xurídica e sobre toso para evitar a discrecionalidade entre ordenanzas diferentes entre os núcleos rurais.

Na actualidade o concello de Salvaterra réxese por unhas Normas Subsidiarias aprobadas en 1993. Estas modificacións permitirían actualizar criterios para a construción de galpóns, peches e recheos ou parcelacións, unhas cuestións de primeira necesidade relativas ao día a día dos veciños deste concello.

O alcalde tamén consultou a posibilidade de dotar de servizos e equipamentos a zona do parque da Canuda, propiedade municipal, que dispón de piscina, xardíns e pistas de tenis. O concello pretende ofertar servizos de apoio como baños, un invernadoiro para plantase unha cafetería.

 

También te puede interesar