RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

Condenan ao Sergas a pagar 25.000 € á familia dun neno de Mos que quedou cego por un erro médico

O Xulgado número 1 do Contencioso Administrativo de Santiago condenou ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a indemnizar con 25.000 € á familia dun neno de Mos que quedou cego tras un atraso no diagnóstico e o tratamento dun glaucoma.

Segundo informou o Defensor do Paciente, que se encargou do caso, a sentenza estima o recurso e obriga ao Sergas a indemnizar a familia do neno despois de que o Hospital Xeral tardase máis de 17 meses en medir a tensión ocular do pequeno, que sufrira un accidente xogando.

Tras o traumatismo ocular, acontecido en xaneiro de 2005, o neno foi intervido de urxencia polo servizo de Oftalmoloxía do Hospital Xeral-Cies de Vigo, onde lle realizaron o seguimento post cirurxía e lle efectuaron varias intervencións secundarias. A pesar diso, sinala o Defensor do Paciente, o neno, de 5 anos, «empeoraba, polo que os pais decidiron acudir a unha clínica altamente especializada en Oftalmoloxía, na que lle diagnosticaron un glaucoma moi avanzado, tras medirlle a tensión ocular».

Foi cando recorreron  ao servizo de oftalmoloxía do Com plexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), onde, tras dúas intervencións cirúrxicas máis, «nada se puido facer por salvar o ollo do neno, xa que o glaucoma avanzara de forma irreversible deteriorando o nervio óptico ata xerar a perda total da visión».

O xulgado considera que «en modo algún se trata dun glaucoma conxénito», que era o que alegaba o Sergas, senón «postraumático» e que «non foi diagnosticado porque non se mediu a tensión ocular». Por iso, indica, «houbo un atraso no diagnóstico e tamén no tratamento».

 

También te puede interesar