RGPD - Cookies
Comarcas

A ampliación do Hospital do Salnés comezará o ano que ven e estará rematada en 2015

A conselleira de Sanidade asegurou este mércores que a licitación das obras de ampliación do Hospital do Salnés se realizará antes de que finalice este ano, “as obras comezarán ao longo de 2014 e o seu prazo de execución estipula que deberán estar finalizadas antes de decembro de 2015. Ese é o compromiso que hai».

Rocío Mosquera visitou os terreos cedidos pola Mancomunidade do Salnés nos que se levará a cabo a ampliación do hospital comarcal, acompañada do arquitecto encargado da elaboración do proxecto técnico e do responsable da empresa adxudicataria.

A conselleira non concretou cal será o investimento total do proxecto ate non ter o mesmo pechado ainda que concretou que Sanidade ten un orzamento límite que supera os oito millóns de euros.

Coas obras que se levarán a cabo no Hospital do Salnés este verá ampliado e mellorado o seu servizo de urxencias, así como o bloque de cirurxía e reanimación. Así mesmo se habilitarán unha serie de camas para crear un «hospital de día» no que, segundo explicou a conselleira, «poder desenvolver algunha actividade que no momento no que se construíu o hospital non estaba contemplada».

 

También te puede interesar