RGPD - Cookies
Vigo al día

O FROB quere vender Novagalicia Banco nun prazo de dous meses

O seu director xeral adiantou este martes que varios inversores nacionais e “algún estranxeiro” amosaron interese por Novagalica Banco e Catalunya, en especial pola entidade galega.

Antonio Carrascosa adiantou que, nun prazo de unha ou dúas semanas, o FROB contratará dous bancos de investimento para que analicen ambas as dúas entidades e identificar as continxencias que máis poden preocupar a un potencial comprador, cuantificalas e propoñer fórmulas para minimizar o seu impacto negativo no proceso de desinvestimento.

Feito isto, abriríase un proceso de venda que, salientou “en ningún caso se deixaría sen cumprir” posto que o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, máximo accionista das dúas entidades, quere véndelas “o antes posible, especialmente Novagalicia Banco que é a que ten máis interese para os posibles investidores”. Por elo, afirmou Carrascosa, “é previsible que en setembro ou outubro NGB xa se vendese”.

 

También te puede interesar