Galicia

O BNG acusa a Rajoy e Rubalcaba de desentenderse do Naval

A voceira do Bloque Nacionalista Galego no Congreso dos Deputados acusou ao presidente do Goberno e ao secretario xeral do PSOE de “manifestar a súa satisfacción por unhas medidas case virtuais da Unión Europea, cando hai unha realidade da UE que é gravísima e á que ningún dos dous fixo referencia. Se o vindeiro 17 de xullo se cumpre o que Almunia dixo do tax -lease, vanse destruir máis de 80.000 postos de traballo no estado e 15.000 en Galicia do sector naval. E sobre todo, vaise destruir un sector industrial importante”.

Olaia Fernánde Dávila salientou que “non podemos compartir esa satisfacción, non podemos compartir ese modelo de UE que fai imposíbel que os nosos sectores produtivos poidan producir, e non só falo do naval, senón tamén da pesca ou do agro que non se poden desenvolver”.

Ademáis, afirmou que non é cuestión de que a UE nos perdone nada, nen ten que ver con que o Goberno español e o galego recorran á legalidade. Isto non é cuestión nen de perdones nen de legalidades, é unha cuestión política. E a isto si que debería sumar toda a oposición, e debería ir a Europa a defender algo tan fundamental como que o noso sector naval poida seguer producindo e poida ser competitivo como o son outros estados da UE”.

Por iso, dico Olaia Fernández,, “non é cuestión de perdones nen de legalidades, senón que é cuestión de peso político, ese peso político é o que hoxe nos tería que peder a toda a oposición para que a UE non elimine 80.000 postos de traballo, 15.000 deles en Galicia”. A portavoz do BNG acusou ao Goberno de non ter feito todo o posíbel: “non cremos que este Goberno fixese todo o que podía para resolver o problema. É necesario que o resolva e non que diga que vai facer todo o posíbel. Fágao, e que o 17 non se cumpra a ameaza de Almunia”.

 

También te puede interesar