Vigo al minuto

Feijóo, certifica o momento «crítico» do Naval e pide actuar con intelixencia

O presidente Feijóo, este martes, na Delegación da Xunta en Vigo/Tresyuno Comunicación

“Agora é o tempo de manter unha postura positiva e intelixente, haberá tempo para outras iniciativas e outros métodos”. Eso é o que asegurou este martes en Vigo o presidente da Xunta logo de manter unha xuntanza cos representantes dos asteleiros e os máximos dirixentes das duas asociacións nos que se integra todo o sector Naval e do Metal, Asime e Aclunaga.

Feijóo, logo de certificar que o Naval está nunha situación crítica, salientou que “nunca vin unha posición tan unánime ni tan unitaria de toda a sociedade diante dun problema” – facendo referencia ao rexeitamento de todos os partidos, de todas as administración, con independencia do signo político dos seus gobernantes, das centrais sindicais e da patronal – pediu que no caso da devolución do tax-lease, plantexado polo vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, que “se aplique o sentido común para non destruir 87.000 empregos directos en todo o Estado, 14.000 deles en Galicia”.

O presidente confirmou que haberá unha reunión con Almunia a semana que ven e que nela estarán os secretarios xerais de Comisiones Obreras y Unión General de Trabajadores, ademáis de Pymar, en representación dos asteleiros. Feijóo  non disimulou a súa molestia polo desaire do comisario da Competencia, “que non tivo a ben recibir este mércores a tres presidentes – os de Asturias, Euskadi e Galicia – ademáis de ao ministro de Industria e aos representantes dos dous maiores sindicatos españois”.

A preguntas dos xornalistas salientou que os “argumentos xurídicos” dan a razón a España e, por elo, pediu ao comisario Almunia que retire o seu borrador de resolución e “teña en conta a seguridade xurídica, posto que os asteleiros actuaron conforme á lei, e o principio de non discriminación en relación con Francia” que, hai que lembrar, pese a estar nunha situación semellante á española non tivo que devolver nen un euro das axudas fiscais aos seus asteleiros.

Feijóo lembrou que Joaquín Almunia foi ministro de Traballo, “e coñece perfectamente a situación laboral na que estamos”, por elo, segundo o presidente da Xunta, non pode pretender que a prioridade da Unión Europea sexa loitar contra o paro e, ao mesmo tempo, “consentir a perda de 87.000 empregos directos”. O xefe do goberno galego, non quixo confirmar contactos entre Mariano Rajoy e o máximo responsable da Comisión Europea, Durao Barroso, aínda que sí deixou entrever esta posibilidade, “me consta, expresamente, que o presidente Rajoy está actuando en todos os frentes”.

Pola súa banda os representantes de Asime e Aclunaga incidiron na “extrema preocupación” ante este problema que “non poidemos asimilar” e enfatiraron e reiteraron que o feito de ter que devolver as axudas derivadas do tax-lease, “sería o fin deste sector”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.