Vigo al minuto

AGE denuncia que en Povisa hai estudantes facendo o traballo dos médicos e sen supervisión

A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Consuelo Martínez,  denunciou este martes a “grave situación asistencial de Povisa” hospital no que, salientou, “os alumnos, dado que Povisa é unha escola universitaria, fan tarefas propias de médicos e sen supervisión”. Martínez indicou que, ademáis, “a falta de persoal produce erros en pacentes, mesmo no seus datos, como nomes e apelidos” e que “houbo casos de meninxite que non se puxeron en coñecemento do Sergas porque o proipio hospital non o sabe ao non poder realizar as probas pertinentes”.

A deputada sinalou que a Xunta da 75 millóns anuais a Povisa e que maila a iso,“a  explotación laboral aumenta cada día” e angadiu que o comité de empresa xa gañou unha sentenza que condenou á compañía por abusos laboráis.

Para a parlamentaria, a Consellería de Sanidade é complice de todo isto, polo cal pediu, hai xa catro meses, a comparecencia no Parlamento da conselleira Mosquera, “pero non obtivemos resposta, e iso que é a súa consellería a que ten que controlar, saber e fiscalizar o que se fai neste centro”.

 

También te puede interesar