Vigo al minuto

Este venres e hoxe, sábado, días fortes da ‘Semana do Orgullo’ en Vigo

A performance ‘Over the rainbow’, protagonizada polas alumnas de Media Punta, campionas de Show Dance, abriu, en Príncipe, as celebracións deste venres da ‘Semana do Orgullo’, que ten un programa de actividades que empezaron o día 25 e que, xunto con actos culturais, festivos, e reivindicativos, organizados pola Asociación “Nós Mesmas” e o Concello, seguirá ate o sábado.

Antes, ás 6 da tarde, a  conversa con Teresa Moure e Alfredo Saborido sobre “O xénero na construción da sexualidade foi o limiar do ‘pregón’ que ás 10 da noite, a carrego de Shangay Lily, dará paso a  Djs: Samantha Calvario e Lano del Rey, na Praza da Constitución.

Este sábado, día 29 de xuño, ao mediodía, o contacontos “Una parella diferente” na Biblioteca Central. Ás 7 e media, a manifestación “Liberdade sen recortes”, que sairá  da Farola de Úrzaiz, e ás 8 e media, “Festa diversa” na Praza da Pedra, porán o final á celebración deste 2013.

 

También te puede interesar