Os catro acusados de integrar Resistencia Galega declaráronse este xoves inocentes de todos os cargos que lles imputa a Fiscalía e denunciaron a vulneración do dereito fundamental á defensa.
Na súa alegación final, o avogado defensor esgrimiu a «violación de dereitos fundamentais» entre eles, o dereito á defensa dos seus clientes, a entender que “se vulnerou o principio de contradición, o dereito a un xuízo xusto e imparcial así como a igualdade de armas”.
O letrado denunciou que ao longo do proceso non tivo ocasión de facer «nin unha soa pregunta» aos peritos de intelixencia propostos pola defensa e agregou que «ningunha cuestión se puido formular» a varios dos peritos do fiscal, polo que solicitou que os seus informes non sexan tidos en conta.
