Sucesos

Detidos en Pontevedra un rapaz e a súa madrastra por pegarse e prender lume á súa casa

Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra detiveron este xoves un mozo e a sua madastra por agredirse mutuamente e provocar un incendio na súa vivenda.

A Policía informou de que recibiu un aviso a primeira hora deste xoves dun particular que alertaba dunha pelexa  na cuarta do seu edificio.Cando acudiron ao lugar do suceso os policías atopáronse cun incendio na vivenda, chamando de inmediato os Bombeiros de Pontevedra, que realizaron un amplo despregamento xunto á Policía Local e dúas ambulancias do 061.

Fontes dos bombeiros indicaron que arderon dous cuartos da vivenda, o salón e un dormitorio. Segundo fontes policiais, tratouse dun lume provocado, xa que “tiña dous focos distintos e, ademais, a chave do gas estaba aberta”. O edificio foi desaloxado e a Policía Local cortou a rúa para impedir o paso de vehículos mentres duraron as tarefas de extinción.

 

También te puede interesar