RGPD - Cookies
Vigo al día

Veciños de Teis denuncian no Concello máis de 20 roturas nas canalizacións de auga do barrio

A Asociación de Veciños de Teis presentou este mércores no Rexistro do Concello un informe para acreditar máis de 20 roturas de canalizacións o barrio dende o pasado mes de decembro, as cales, salientaron, afectan a máis de 20.000 personas. Os veciños, ademáis de esixir que se acometa a reparación integral das mesmas, denunciaron que hai algunhas destas conduccións teñen máis de 40 anos de antigüidade.

O representante da asociación afirmou que maila a que solicitaron unha xuntanza co concelleiro de Fomento, David Regades, este ainda non os recibiu. “E iso que as roturas e inundacións non só provocan problemas de abastecemento, senón que causan danos en baixos comerciais e vivendas”.

Os devanditos problemas afectan principalmente a dez rúas, entre elas Espiñeiro, Boán, Gerardo Campo Ramos, Doutor Corbal, Suba á Ponte e Purificación Saavedra, en especial, mencionou Suba á Ponte, onde o pasado venres “non tivemos auga dende a 1 e media da tarde ate pasada a media noite”, algo que achacou á falla de seguimento por parte do Concello e de Aqualia.

A asociación reiterou que “cando se fixeron as obras de humanización da Avenida de Galicia, en 2011, xa advertimos que había que substituír a rede de abastecemento e non  se fixo, porque o importante parecía era que quedase ben á vista”.

 

También te puede interesar